Recordan que non votará e, polo tanto, non apoirá na sesión de investidura, a ningún candidato que non sexa o da súa candidatura
Alfoz, 26 de maio, 2023. VIA Alfoz pecha esta campaña electoral en contacto coa cidadanía e trasladando o seu programa de goberno porta a porta. Os membros da candidatura queren mostrar o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas de Alfoz pola boa acollida que mostraron respecto ás súas propostas. Nese sentido indican que, “cremos que se entendeu a nosa mensaxe, polo que vos pedimos que nos deades a vosa confianza para ter a oportunidade de liderar o futuro de Alfoz”.
Para rematar a campaña electoral, os integrantes de VIA Alfoz, animaron a todos vos votantes de Alfoz a “darnos un voto de confianza este domingo e que deste xeito formedes parte do equipo que elixe mellorar Alfoz”. Recordan que ao longo desta lexislatura, que chega ao seu fin, demostraron ser a alternativa real á forma de gobernar actual, e recordan que “o bo da política municipal é que tan só un voto pode mellorar o futuro do noso concello e esta responsabilidade agora está nas vosas mans”.
Á hora de pedir a v confianza do electorado, desde Via Alfoz queren ser claros e por iso recordan que “os membros da candidatura de Via Alfoz non votarán e, polo tanto, non apoiarán na sesión de investidura, a ningún candidato que non sexa o da candidatura de Vía Alfoz. Dito isto, os electores teñen que ter claro que o Via Alfoz non fará alcalde a Jorge Val nin a Juanjo Fraga”.
Desde VIA Alfoz consideran que merecen optar á alcaldía de Alfoz, polo que centran os seus esforzos en conseguir que tanto a veciñanza como o resto dos membros da corporación lles dean a súa confianza para poder dirixir o próximo goberno de Alfoz, e indican “debemos estar onde a veciñanza decida”.
A dirección de Via Alfoz recorda ademais que durante a xornada de reflexión e a xornada electoral, “velaremos polo cumprimento da normativa legal e axudaremos, no que se precise, nas mesas electorais”. Piden tamén ao resto das candidaturas que o vindeiro domingo 28 “sexa un verdadeiro acto de liberdade democrática e que a xornada electoral se desenvolva con cordialidade”.