Unhas minas que contan cun enorme atractivo, infravaloradas e que están a pasar totalmente desapercibidas para a administración local, o Concello de Viveiro, pero que desde o BNG estamos seguras que aumentaría o valor patrimonial do concello sumando novas actividades culturais, escolares e incluso deportivas, fomentando un turismo desestacionalizado e a posta en valor de Vieiro.
A Mancomunidade non deixou de exixir bens para a parroquia de Vieiro como os desbroces das marxes nas suas estradas que, como xa tivo que denunciar o BNG hai un ano, asusta transitar por elas do perigo que supoñen. Míriam Bermúdez recordou o estudado Plan de Mantementos de Estradas Municipais que se planificou desde o BNG, para chegar ao goberno cos deberes feitos, e evitar este gran problema que están padecendo todas as parroquias do concello.
Por último, Míriam Bermúdez afirma que o asociacionismo é o que verdadeiramente nutre ao pobo e un Concello non debe só aportar axuda económica e olvidarse, senón tamén axuda xurídica e administrativa, así como o asesoramento e comunicación con outros órganos e administracións para acadar os proxectos que Viveiro merece.