Site icon Crónica3.com A Mariña

Un centenar de rapaces e rapazas de Viveiro desfrutan do programa Música e Memes organizado pola Deputación

Lugo, 4 de maio de 2023. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e a Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, asistiron este xoves ao concerto organizado pola Deputación no Teatro Pastor Díaz dentro do programa Música e Memes, que promove co fin de achegar á mocidade á música clásica dun xeito atractivo e ameno.

Un centenar de rapaces e rapazas dos cursos de segundo e cuarto da ESO do IES Vilar Ponte desfrutaron da iniciativa, que xira arredor do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart, cunha última parte do espectáculo onde se mestura a cultura actual cos prexuízos sobre a música clásica, Un memento, morí. Este é o segundo concerto dunha iniciativa que xa pasou por Monterroso e que, nos vindeiros días, visitará Burela, A Fonsagrada, Becerreá e Vilalba.

Exit mobile version