Mónica Freire reuniuse con representantes dos proxectos de emprendemento que participan nesta segunda edición do programa, cunha oferta educativa renovada e ampliada
O acto, que se celebrou no Muvicla, en Trasliste, en Láncara, e que contou tamén coa presenza de asociacións gandeiras que colaboran activamente na iniciativa e coa presidenta da Fapacel Isabel Calvete, serviu para coordinar as actividades a desenvolver nos vindeiros meses e para reforzar os vínculos entre os propios produtores e produtoras.
Mónica Freire deu a benvida ás ganderías e producións que participan por primeira vez no programa, renovando e ampliando a oferta educativa para escolares de primaria e infantil. Casa Labradela de Xove, Galletas Daveiga de Chantada, Fraga do Coto de Vilalba, Fundación Terreo da Ribeira de Piquín, Gandería Alejandro Salvatierra de A Pontenova, Gandería Quintián do Páramo, Gandería Lois Varela de Palas de Rei, Granxa Aeiroá de Láncara, SAT Lodos e Pérez de A Pastoriza, SAT O Palomar de Láncara e Traloagro de Friol son as novidades deste catálogo.
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: Airas Moniz de Chantada, Arqueixal de Palas de Rei, Cooperativa A Carqueixa de Navia de Suarna, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Sen Máis – As Vacas de Ulloa de Palas de Rei, Terras da Mariña – IXP Faba de Lourenzá, Tropic Gaia de Xove, Caurelor de Quiroga, A Casa da Fonte de Pantón, Avicava Natur de Guntín, Casa Bértolo de Friol, Champivil, El País del Abeyeiro de Negueira, Granxa da Caldaloba de Cospeito, Granxa Teixeiro e Pistón de Becerreá, Milhulloa de Palas de Rei, Pazo de Vilane de Antas de Ulla ou o propio Muvicla.
En total, Da Escola á Granxa reúne 29 proxectos de emprendemento repartidos por toda a provincia, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos da horta, ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos ou marmeladas. Tamén se suma á oferta educativa ADEGA, con obradoiros de agricultura ecolóxico nos centros.
Mónica Freire sinalou que “as granxas participantes no programa son o reflexo da potencialidade do rural da provincia de Lugo, expoñentes dunha enorme capacidade de traballo e de modelos sostibles de desenvolvemento rural, que mercen o recoñecemento de toda a sociedade”.
Últimos días para solicitar visitas
As anpas interesadas en realizar as visitas teñen ata o vindiero luns 15 de maio para presentar as solicitudes. A convocatoria está aberta á participacion de centros públicos de educación infantil e primaria de toda a provincia. Medio Rural da Deputación financia os gastos relacionados coa actividade, con axudas entre os 300 e 900 euros. As visitas poden realizarse ao longo de todo o 2023. O programa conta nesta edición cun orzamento de 80.000 euros, o dobre que na primeira edición.