Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de elaboración de tortillas no IES de Foz a cargo Víctor Valenzuela

Este mércores, 31 de maio, terá lugar nas cociñas do IES de Foz un taller sobre a elaboración de tortilla española a cargo de Víctor Valenzuela, propietario do Muro Restaurante e “La Tortilla Maravilla” en Viveiro. Aproveitará a ocasión para narrar a súa traxectoria profesional dende que saiu do IES de Foz. Víctor participará, en outubro en Alicante, no Campeonato de España de Tortillas onde se escollerá a mellor tortilla do país.

Exit mobile version