Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspendida a folga de Urbaser Burela

Xoán Díaz, secretario comarcal da CIG-Servizos, informa dos termos do preacordo acadado este venres coa empresa para o convenio colectivo do persoal da recollida de lixo e limpeza viairia do Concello de Burela. “Unha vez chegado ao preacordo procédese á desconvocatoria da folga no servizo. Entre outras cuestións, conséguese recuperar os dereitos que había no convenio de 2011, incorporando melloras nos complementos de IT, as compensacións por traballo en domingo, etc. e un incremento salarial que a final de convenio sumará un 21% de suba”.

Exit mobile version