Ribadeo, 16 de maio de 2023. O alumnado dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participan estes días nos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias.
Hoxe foi a quenda para o alumnado de necesidades educativas especiais do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Xunto á rapazada estiveron esta mañá cos concelleiros de Igualdade e Medio Ambiente, Mónica Freire e Jorge Díaz.
A edil ribadense indicou que “seguimos con estes obradoiros de queixo para a xente moza, que moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario. As rapazas e os rapaces que hoxe se desprazaron ao CFEA Pedro Murias descubriron con moita atención todo o proceso de elaboración do queixo”.
A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.