Os anos que achegan é unha actividade interxeracional co galego como fío de unión, arredor dunha idea orixinal do centro de día A Concordia e está enmarcada no programa Apego.
Ata o centro de día achegáronse ao longo desta semana nenas e nenos da escola infantil Santa María do Campo, de Tangram, de Con Sentidiño, do Ceip Gregorio Sanz e do colexio Sagrado Corazón, que interactuaron coas persoas maiores coa colaboración do alumnado dos ciclos de educación infantil e de atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Porta da Auga.