Site icon Crónica3.com A Mariña

Premios ao esforzo e a superación a alumn@s do IES Perdouro

Burela, 13 de maio, 2023. Este venres, 12 de maio, Andresa Fabiana Andrade Xavier Pinto e Yorel Ladra Ballesteros do IES Perdouro recibiron o premio ao esforzo e a superación na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.Só se conceden 20 destes recoñecementos en toda Galicia e conlevan tamén unha dotación económicaO feito de recibir este premio é unha recompensa a unha meritoria traxectoria na ESO.

Estes dous rapaces destacaron pola súa constancia, polas súas ganas de aprender e pola súa resolución á hora de salvar as dificultades coas que se atoparon.

Este premio é un reforzo para continuar cos seus estudos pois Andresa está cursando o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Yorel, Bacharelato, ambos no IES Perdouro.

Este recoñecemento tamén serve como exemplo para outros rapaces da súa idade, para ser conscientes do que se pode conseguir con esforzo e con afán de superación.

Exit mobile version