“O sector comercial é vital para o noso Concello. É triste ver como cada día se reciben ducias de paquetes das grandes plataformas dixitais nas instalacións do Concello, e logo sair aos medios dicindo que se aposta polo pequeno comercio”, declarou o candidato á Alcaldía, Bernardo Fraga
Viveiro 16 de maio de 2023. Por Viveiro reuniuse coa directiva da asociación do Centro Comercial Histórico para coñecer de primeira man as necesidades do sector comercial da nosa cidade.
Na mesma os comerciantes transmitíronnos as súas inquietudes pola falta de atención que reciben por parte do Concello, máis claramente, pola concellería de Comercio que denuncian está vacía de contido.
Bernardo Fraga declarou ao rematar a reunión “Según nos informan os comerciantes, a gran aposta do Partido Socialista de María Loureiro polo pequeno comercio de Viveiro é expulsalos do local que o Concello lles tiña cedido, unha mágoa que se tomen decisións unilaterais sen ter en conta as necesidades da asociación”
Ademais os independentes comprometéronse a dotar de vida a concellería de Comercio, como unha das fundamentais na nosa visión do que debe ser un bo goberno municipal, así como a colaborar co asociacionismo comercial do noso Concello, para garantir que o comercio non esmoreza e Viveiro siga tendo vida.