Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro propón recuperar as árbores nos Xardíns Noriega Varela

Por Viveiro aposta pola recuperación das árbores e a vexetación para crear un auténtico xardín, nos Xardíns Noriega Varela e semipeatonalizar a Travesía da Mariña

Viveiro, 15 de maio, 2023. Os independentes de Por Viveiro visitaron esta mañá os xardíns Noriega Varela e máis a Travesía da Mariña, alí apostaron pola transformación e posta en valor da zona durante o vindeiro mandato.

Bernardo Fraga, candidato a Alcaldía declarou ”A nosa aposta para a fachada marítima de Viveiro é un proxecto ambicioso de recuperación dos antigos xardíns nos Xardíns Noriega Varela e renovar a travesía da Mariña, mantendo o aparcamento e realizando unha actuación completa similar á Avenida de Cervantes, poñendo en valor a nosa fachada marítima e apostando pouco a pouco pola semipeatonalización das rúas no entorno do Casco Histórico de Viveiro.

Exit mobile version