Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía, explicou que o Concello de Viveiro ten solicitada a reversión da concesión da zona das pistas pero non a do edificio, e posteriormente declarou “Temos constancia real de que o PP na Xunta vai propoñer unha concesión privada para toda a parcela do antiguo casino, incluídas as pistas deportivas. Nos opoñémonos rotundamente, a nosa proposta dende o Goberno Municipal será a recuperación das pistas deportivas do antiguo casino para uso público e a creación dun centro de actividades deportivas e náuticas asociadas ao porto deportivo”
E engadiu “Esta intervención revitalizaría a zona, permitiría devolver a Garda Civil do Mar o edificio que foi construido para eles, e eliminar dunha vez por todas as casetas de chapa que dan unha imaxe nefasta do noso Porto Deportivo”