“O sector forestal é un dos importantes na actualidade e debe ter unha Concellería que atenda as súas necesidades”
Viveiro, 20 de maio de 2023. Por Viveiro mantivo esta mañá un encontro coa Xunta Rectora da Comunidade de Montes de San Roque, na mesma intercambiaron opinións sobre a colaboración co Concello. Ademais felicitaron á directiva polo traballo desenvolto na área nos últimos anos.
“A parte da estrada municipal que sube a San Roque precisa un arranxo inmediato. Temos a obriga de coidar os accesos ás areas turísticas e sobre todo a San Roque que é a mais visitada” declarou Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Por Viveiro.
Finalizada a xuntanza, os independentes presentaron o seu programa para a área forestal, no que apostan por unha concellería para atención ao sector forestal, un dos importantes no noso Concello. “Ao igual que a Concellería do Mar, Viveiro debe contar cunha concellería que sirva para atención ao sector forestal, un dos que mais importancia está a ter na nosa economía” Declarou Fraga.