“A aposta pola cultura para todas e todos e durante todo o ano é unha das nosas prioridades. A Viveiro pola súa historia, correspóndelle ser o referente cultural da Mariña” Bernardo Fraga
Viveiro 17 de maio de 2023. Co gallo do Día das Letras Galegas, os independentes de Por Viveiro mantiveron unha xuntanza coa directiva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro no local que teñen cedido polo Concello no antigo centro comarcal.
Na xuntanza valoraron a situación actual no ámbito cultural en Viveiro e as necesidades que ten o noso Concello para mellorar a oferta, e que esta non se reduza só aos días importantes do calendario, senón a todo o ano.
Ademais os independentes anunciaron que como levaban no seu programa fai catro anos, e como se ten aprobado no pleno do Concello de Viveiro, o antiguo centro comarcal de Lodeiro, será baixo o seu goberno a “Casa da Cultura de Viveiro” un espazo que pretende ser referencia para exposicións, charlas, coloquios e demais actividade cultural.
O candidato á Alcaldía Bernardo Fraga declarou “Para nós a cultura é o centro da actividade social de Viveiro, apostamos por crear a Casa da Cultura en Lodeiro, unha pequena rede de museos no Casco Histórico e a posta en valor do noso Patrimonio Cultural”