Viveiro, 25 de maio de 2023. Por Viveiro chegou a un acordo coa Fundación Olidis. Un Centro Especial de emprego con sede en Santiago de Compostela e que vai contratar a máis de 700 persoas en toda Galicia para o seu proceso produtivo.
Por Viveiro, coñecedor do proxecto, reuniuse coa dirección para coñecer os plans para Viveiro e a súa contorna, conseguido o compromiso de ter en Viveiro un centro de Acopio de aceite Olidis, que terá 10 postos de traballo. A Fundación Olidis, recicla aceite usado e fai I+D+I, ten unha cátedra propia e ten presencia ademáis en Portugal. Trátase dunha iniciativa social, de impulso da economía circular, que pretende ocupar todo o territorio e transformar o aceite doméstico usado, en novos produtos con valor diferencial.
“O claro exemplo de que con vontade política e ilusión por mellorar Viveiro é o acordo con Olidis. Coñeciamos o proxecto e reunímonos con eles para buscar a posibilidade de que o seu centro na zona estivara en Viveiro, e comprometéronse a que así sexa” declarou Fraga.