Á pregunta que nos facemos desde a formación morada, “que podemos facer por ti?”, os veciños de Celeiro comunicáronnos as súas principais inquedanzas e preocupacións, tales como a necesidade de esixir ao concello que os donos das casas abandonas procedan á súa limpeza e adecentemento polo perigo que entrañan, reivindican a necesidade dun gran supermercado para atraer poboación, cren na necesidade da creación dun carril bici, piden con urxencia a aprobación do PXOM que permita o acceso a lugares que neste momento están totalmente pechados, solicitan o acabado das instalacións do campo de Lavanderías, entre outras medidas.
O candidato Roberto Yáñez informou á asociación de gran parte das súas propostas que afectarían e darían resposta inmediatamente ás súas demandas, entre elas a aprobación urxente do PXOM ou a rehabilitación de casas vellas como medida de habitabilidade, manifestando “a intencionalidade e importancia da participación cidadá na vida política”.