Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Viveiro: “Con nós, o rural terá todos os servizos que precisa”

Viveiro, 23 de maio, 2023. Podemos Viveiro aposta por xerar economía e riqueza nas parroquias para afrontar o grave problema demográfico e de carencia de servizos esenciais que sofren os lugares do rural viveirés na actualidade.

Roberto Yáñez, alcaldable de dito grupo, sinala que “para Podemos Viveiro, as veciñas e os veciños das zonas non urbanas deben ter os mesmos dereitos que o resto de habitantes do municipio, polo que avogamos por frear o desmantelamento dos servizos públicos e por cubrir as súas necesidades e mellorar as infraestructuras de comunicación e de acceso á información”.

Por todo iso, ofrecemos un programa con medidas encamiñadas a esa recuperación e xeración de economía tamén nas aldeas das parroquias para estimular e favorecer ese modo de vida, entre as que salientan: a acometida de todas as obras necesarias de saneamento, traída de auga e alumeado; o establecemento dun transporte a demanda en colaboración cos colectivos de taxi da vila;a recuperación da actividade nas escolas rurais creando locais de estudo, cultura e traballo, e tamén o apoio, o asesoramento e a dotación de axudas a emprendedoras/es que teñan unha idea de negocio e queiran instalarse na zona rural do noso concello.

Exit mobile version