Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Viveiro aposta polo deporte

Viveiro, 20 de maio, 2023. O grupo Podemos Viveiro persegue concienciar e impulsar a práctica de actividade física por parte de toda a cidadanía, apostando especialmente polo traballo no ámbito do deporte e a educación coas nenas/os e rapaces/as do concello.

Desde a formación morada, consideran de grande importancia a práctica de exercicio físico, en especial durante a adolescencia, xa que o deporte é capaz de potenciar o benestar corporal e mental e de fomentar e fortalecer vínculos sociais.

O número dous pola candidatura de Podemos ao concello de Viveiro, Carlos Alberto Gueimunde aposta pola recuperación das Noites Alternativas, destinadas a mozos e mozas de 12 a 18 anos, nas que o deporte desempeñará un papel fundamental, con campionatos e multitude de talleres, e onde tamén poderán participar familiares e amizades dos e das menores para compartir tempo de calidade e deporte entre todos.

Gueimunde lembra o compromiso de Podemos tanto coa igualdade no deporte como coa adaptación dos espazos de practica do mesmo ás necesidades de todos os colectivos.

Exit mobile version