Site icon Crónica3.com A Mariña

Podemos Viveiro aposta pola xustiza social e os dereitos da veciñanza

Viveiro, 16 de maio, 2023. Podemos Viveiro anunciou que, á súa chegada ao Consistorio promoverá a creación dun servizo de mediación familiar.

Segundo a alcaldable por dita formación, Roberto Yáñez “as separacions e divorcios conflitivos, con procesos xudiciais continuados e entrecruzados, poñen en risco de desprotección ás e aos menores involucrados”. Temos que velar porque o cumprimento dos réximes de visitas non supoñan unha ameaza para a seguridade dos e das menores e protexer tamén ao proxenitor máis vulnerable”.

A formación morada lembrou que, na actualidade, a Xunta de Galicia tan só pon a disposición da cidadanía centros de mediación familiar nas grandes localidades, deixando sen acceso e na desprotección a veciños e veciñas das contornas rurais e urbanas de menor poboación, creando habitantes de primeira e de segunda.

Exit mobile version