Desde a formación morada sempre se defenderon os intereses da clase traballadora, como amosan os numerosos logros acadados por Unidas Podemos no Goberno de Coalición: a suba do Salario Mínimo Interprofesional en catro anos desde os 900 ata os 1.080 euros —un 20% porcentual—; a reforma laboral liderada polas nosas compañeiras e compañeiros no Goberno; a contratación indefinida, que se converte en regra; o retorno á ultraactividade nos convenios colectivos ou a prevalencia do convenio do sector sobre o da empresa, entre outros.
Na manifestación convocada por CCOO baixo o lema “ Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios”, o candidato Roberto Yáñez puxo de manifesto “a importancia do diálogo social para garantir a mellora da vida das traballadoras e dos traballadores e a necesidade da mesma para continuar avanzando na conquista de dereitos”.