Este abandono, segundo manifestou dito grupo, “conleva aparellada a perda de protagonismo do noso municipio na Mariña e tamén a perda de poboación xa que, ao non contar coas infraestruturas necesarias, as empresas abandonan o concello, ao tempo que se imposibilita que a nos acidade sexa atractiva para empresas que buscan onde establecerse”.
En palabras de Roberto Yáñez, candidato por Podemos á Alcaldía de Viveiro “con nós a veciñanza terá mellores estradas que faciliten a súa mobilidade diaria e loitaremos por unha mellora dás infraestruturas de comunicación”