Paula Prado asegura que Javier Castiñeira volverá a ser alcalde e recuperar o esplendor que tiña Foz durante o seu mandato, en contraposición coa parálise do goberno dos últimos anos e que non serviu para que a vila avanzara.
A secretaria xeral destaca a mestura de experiencia e renovación na candidatura de Javier Castiñeira con ilusión e ideas renovadas que amosan o rigor, a solvencia e a unidade que a vila precisa para avanzar a partir do próximo 28 de maio.
“Un concello con futuro e cun proxecto solvente e con experiencia como o que encabeza Javier Castiñeira para mellorar a vida dos seus veciños e para que Foz continúe na senda da que nunca tivo que desviarse”, subliña a secretaria xeral dos populares galegos.