“Manteremos unha ampla programación cultural e continuaremos apoiando un calendario de eventos durante todo o ano”, afirma María Loureiro
Viveiro, 18 de maio de 2023. Os socialistas de Viveiro inclúen no seu programa electoral “o desenvolvemento no Edificio Comarcal do proxecto para poñer en marcha un centro de cultura e ocio e un museo permanente”.
“Seguiremos apoiando ademais a consecución da exposición permanente nos Claustros de San Francisco para conseguir o ansiado museo da nosa Semana Santa”, explica a candidata á reelección, María Loureiro, “e continuaremos coa nosa ampla programación cultural e coa nosa política de eventos con apoio ao Resurrection Fest, Semana Santa, Rapa das Bestas, O Naseiro, Festa da Merluza, ou a Mostra Folklórica Internacional”.
Ademais, “traballaremos para que o noso Mercado Renacentista sexa declarado festa de interese turístico e seguiremos apostando para que o Entroido de Viveiro siga crecendo ano a ano e sexa un referente na bisbarra”.
Os socialistas garanten manter e reforzar o seu apoio a outras iniciativas, “como o belén ‘Viveiro ante o Berce’, e as Feiras de Artesanía e do Libro”.
“A nosa Biblioteca Municipal seguirá sendo prioritaria, desenvolvendo actividades mensuais para fomentar nos máis pequenos a lectura e a cultura”, remata Loureiro.