“A débeda, que era de 13.767.881 euros no 2013, era de 8.437.436 euros a finais de 2022”, destaca María Loureiro
Viveiro, 14 de maio de 2023. María Loureiro García, candidata á reelección como alcaldesa de Viveiro, asegura que “a transparencia e a eficiencia na política financeira é un dos sinais de identidade do goberno socialista de Viveiro e o seguirá sendo”.
“Continuaremos co obxectivo de redución da débeda, sen recortar nin eliminar ningún dos servizos do noso concello”; afirma Loureiro. “A débeda, que era de 13.767.881,72 euros no 2013, era de 8.437.436,17 euros a finais de 2022; só o ano pasado amortizáronse 870.014,07 euros”, explica.
Na mesma liña dos últimos anos, “cumpriremos cos obxectivos e directrices marcadas polo Estado, tanto de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e morosidade”.
“Cumprimos pese a pandemia: manter os servizos sen cambiar a nosa política de contas saneadas”, apunta María Loureiro.
O periodo medio de pago a proveedores no primeiro trimestre de 2023 foi de 21,76 días, Viveiro pecha cada ano con remanente e cumpre coa norma de estabilidade orzamentaria.