“Queremos poñer en marcha unha nova ruta, que se una ás xa existentes, para dar a coñecer unha zona de moito valor paisaxístico, como é a ribeira do Landro, que se complementa coa xa existente das marismas, no outro lado do río”, explica María Loureiro, candidata socialista á alcaldía de Viveiro.
“De feito, entre os proxectos incluídos na solicitude presentada á convocatoria ordinaria do Plan de Sostenibilidade Turística, tamén se inclúe a memoria para crear esta ruta de senderismo e ornitolóxica nas Marismas do Landro, concretamente dende Ameixoa ata a Granxa, cun orzamento de 60.000 euros”, engade.
María Loureiro lembra “o éxito deste tipo de iniciativas, moi ben acollidas nestes últimos anos, tanto polos veciños como polos visitantes”.