Os socialistas de Viveiro queren agradecer “o apoio da xente que valorou o noso traballo nestes anos e deunos onte a súa confianza”. “Seguiremos traballando única e exclusivamente por e para Viveiro”, asegura María Loureiro. “Queremos mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, ese é o nos único obxectivo para os próximos catro anos”, engaden @s socialist@s.