A actividade comeza ás 10h diante da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, na Praza da Catedral, cunha Andaina popular ata a Casa de Fernández Del Riego en Vilanova de Lourenzá, percorrendo os arredor de 9km de distancia que hai polo Camiño de Santiago.
Coa chegada prevista ás 12:30h, lerase unha das cartas que se recollen no libro “Cartas ao meu amigo” e que o escritor mindoniense enviaba desde a súa casa da Praza da Catedral ó seu gran amigo laurentino, quén xa se atopaba en Vigo.
Posteriormente á lectura, visitarase a exposición “110 anos de Del Riego” na Sala de Exposicións do concello, darase un paseo polas rúas da vila escoitando a audioguía “Vilanova de Lourenzá vista por don Paco” e rematarase visitando a Igrexa de San Salvador coa guía local, que falará dunha das xoias do barroco galego baseandose en textos de Francisco Fernández Del Riego.
A volta para Mondoñedo, quén asi o desexe, poderá facela en bus tras a finalización dos actos.