Ata o lugar, tras ser informados polo 112 Galicia, acudiron de inmediato ademais do persoal sanitario, os Bombeiros de Barreiros, que indicaron que non foi preciso excarcerar á persoa. Segundo relataron, debido á posición na que quedou o vehículo, as portas non abrían, polo que, axudaron a saír á persoa por unha das fiestras do coche.
Cinco minutos antes das 12 horas deste mediodía, o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia desprazábase, nese intre, cara a N-642, por mor dun coche que envorcar tras saírse da vía.
Foi nese momento cando os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros, dos axentes de Tráfico e da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, foron informados os membros do GES de Cervo.