“O Partido Popular de novo xoga a reclamar o que xa está en marcha, tratando de enganar aos veciños. Vimos de sufrir de novo unha escenificación máis do Partido Popular de Foz e do seu candidato o sr. Castiñeira, desta volta co estado da estrada LU-P-0210 entre San Acisclo e A Seara”. Indica o alcalde de Foz e candidato Fran Cajoto
Para os 355 metros pendentes de arranxo, o pasado 9 de abril redactouse un proxecto construtivo por importe de 37024,34 euros en execución material. Con número de expediente 2023/CM2_04/000206 e con fondos xa consignados, este mércores 3 de maio asinouse a proposta de contratación pola Deputación de Lugo.
“O PP de Alfoz e o seu candidato Juanjo Fraga reclaman o arranxo da estrada cando saben que xa se vai levar a cabo, tal e como lles respostamos no pleno. Este é o nivel, baixo cero. Curioso, por non dicir outra cousa”- destaca o alcalde de Alfoz e candidato polo PSdeG-PSOE Jorge Val.