A cita contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade.
A entrega da oitava edición destes galardóns será conducida pola xornalista Juana Carrera.
O xurado do Premio José Luís Alvite concedeu ao xornalista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.
Dende o Concello de Viveiro convidase á veciñanza a sumarse a esta homenaxe a Ramón Pernas nun acto que está aberto ao público.