O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explica que “iniciamos en Vilaselán a segunda quenda do calendario establecido para este 2023 co obxectivo de que toda a veciñanza de Ribadeo poida reciclar da mellor maneira
No punto limpo móbil poden depositarse residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.
O punto limpo móbil do Concello de Ribadeo volverá do 18 de maio ao 1 de xuño a Piñeira, do 1 ao 15 de xuño visitará Vilaframil, do 15 ao 29 de xuño na Devesa, do 29 de xuño ao 13 de xullo en Santalla de Vilausende, do 13 ao 27 de xullo volverá a Couxela, do 27 de xullo ao 10 de agosto estará en Cedofeita, do 10 ao 24 de agosto en Covelas e rematará a segunda quenda en Arante do 24 de agosto ao 7 de setembro.