Ribadeo, 31 de maio de 2023. O público do XVI Ribadeo de Tapeo decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por La Flor de Jose e a mellor barra recaeu no Bar Queimada.
Con anterioridade xa se coñeceran as tapas elixidas polo xurado oficial do veterano concurso gastronómico. O primeiro premio foi para o Bar Queimada, o segundo para Ramonita e o terceiro para El Oviedo. A Tapa de Ribadeo recaeu no Marinero que obtivo, a súa vez, unha mención especial pola súa elaboración excepcional. E outra mención especial foi para o Kalpa Amodiño por ser pensada a súa tapa para toda a clientela e elaborada con creatividade e produtos de cerca.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, felicita aos gañadores do XVI Ribadeo de Tapeo: “queremos felicitar a todos os gañadores, aos elixidos polo xurado profesional e aos elixidos polo público. E queremos darlles as grazas aos trinta establecementos hostaleiros que participaron na décimo sexta edición do noso concurso gastronómico. E grazas tamén a toda a xente que do 13 ao 21 de maio se achegaron á hostalaría local para saborear todas estas creacións en miniatura”.
O edil ribadense engadiu: “daba gusto pasear polas rúas de Ribadeo e ver o ambiente de tapeo que se rexistrou durante todos eses días. Aproveito tamén para agradecer as colaboracións da hostalaría local e das firmas apoiaron o Ribadeo de Tapeo, grazas ás que o público puido participar nun importante sorteo de agasallos”.
Os premios que recaeron no publico que formou parte deste concurso gastronómico coas súas votación temos:
Premiados da ZONA 1
Unha comida ou cea de arroz caldoso para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento. Lucio Guillermo López Sosa (Ribadeo)
Unha comida ou cea para dúas persoas no Parador de Ribadeo por cortesía deste establecemento. Lorena Arruñada Rico (Ribadeo)
Unha comida ou cea para dúas persoas en Ramonita por cortesía deste establecemento. Mónica (Trabada)
Unha cea de arroz para dúas persoas en A Flor de Jose por cortesía deste establecemento. Rebeca Yanes López (Ribadeo)
Premiados da ZONA 2
Unha cea para dúas persoas en Restaurante Marinero por cortesía deste establecemento. Antonio López Salgado (Ribadeo)
Unha cea para dúas persoas en Restaurante A Menchina por cortesía deste establecemento. Chabeli Gutiérrez Gutiérrez (Ribadeo)
Unha cea para dúas persoas en Kalpa Amodiño Taberna Gastronómica por cortesía deste establecemento. José Antonio Arruñada (A Pontenova)
Unha paella alacantina para 4 persoas en Mesón D´Cata por cortesía deste establecemento. Ruben Sánchez Gutiérrez (Ribadeo)
Premiados da ZONA 3
Unha comida ou cea para dúas persoas en Bar Galicia por cortesía deste establecemento. Iván (Ribadeo)
Unha cea de arroz caldoso para dúas persoas en A Quinta por cortesía deste establecemento. Brenda (Ribadeo)
Unha comida para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento. Miguel Pulpeiro Grueso (Ribadeo)
Unha comida para dúas persoas en A Ribeira por cortesía deste establecemento. Alfredo Umlauff Sarmiento (Ribadeo)
Premiados da ZONA 4
Un tapeo para dúas persoas en O Indiano por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Lar de Manolo. Alba Pertierra Martínez (Ribadeo)
Unha cea habanera para dúas persoas en O Círculo Habanero de A Devesa por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento El Portolés. Mariña Rodríguez Rubiños (Ribadeo)
Unha cea para dúas persoas en La Solana por cortesía deste establecemento. Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento A.G. Porcillán. Ana Belinda Sanjurjo Reigosa (Ribadeo)
Unha estancia para dúas persoas nun Parador de Turismo con almorzo incluído. Ana Belén Posada López (Ribadeo)
Premiado da RUTA TAPEO 16
Héctor Salgado Díaz (Arante). O premio inclúe: Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián), un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento O Piano; un almorzo para dúas persoas na Cafetería La Lira por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
Pablo García Legazpi (Ribadeo): un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Café – Bar Madison: un almorzo para dúas persoas en Mareta por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
Suso Fernández Acevedo (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Motor Head Tapas; un almorzo para dúas persoas en Cafetería Barallocas por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar o mes xuño ou xullo por cortesía deste establecemento.
Maite Diniz Lastra (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento El Oviedo; un almorzo para dúas persoas en Mareta por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
Sergio García Legazpi (Ribadeo): Un estoxo regalo de vermú Arnao por cortesía de Bodega Discosta Norte (Bodega San Damián); un botellón de viño Santiago Ruiz por cortesía de La Bugalla; unha “tapas do venres” para dúas persoas en Bar de Tere _Estación de Autobuses por cortesía deste establecemento e dúas entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para gozar ante do 30 de xuño por cortesía deste establecemento.
Por último os premios á RUTA PICARIÑO/PICARIÑA LAMBÓN
Un lote de libros doados pola Deputación de Lugo. Luana Uroz Roas (Ribadeo)
RUTA TAPEO EXPRESS
Unha estancia para dúas persoas nun Parador de Turismo con almorzo incluído. Susana Fernandez Prieto (Viano do Bolo)