O PSdeG denuncia ó alcalde de Abadín ante a Garda Civil por pedir o voto na xornada de reflexión
redac
O candidato socialista, Pablo Díaz, presentou esta mañá unha denuncia ante a Benemérita e o partido tamén comunicou á Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo a actuación do rexedor e candidato do Partido Popular por incumprir a Lei que regula o proceso electoral
Abadín, 27 de maio de 2023. Veciños de Abadín e a propia candidatura socialista tiveron coñecemento e localizaron ó Alcalde e candidato do Partido Popular, José María López Rancaño, pedindo o voto neste sábado, xornada de reflexión. Por tales feitos, o candidato socialista á Alcaldía da localidade, Pablo Díaz, presentou esta mesma maña unha denuncia ante a Garda Civil e o partido trasladou á Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo estes supostos, que van en contra da Lei que regula o proceso electoral.