Trabada, 9 de maio de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández, ratificou o total compromiso do partido ao que representa co rural, no transcurso dunha visita a tres explotacións gandeiras do municipio, na que, xunto con membros da súa lista, acompañou ao conselleiro de Medio Rural, José González. Os populares visitaron tres explotacións gandeiras, unha de carne e dúas de leite. No transcurso das visitas, o conselleiro deixou claro o apoio da Xunta ás iniciativas de emprendemento no rural e o aspirante á alcaldía destacou que “o rural é unha das nosas prioridades”