O grupo municipal popular reivindicou a través dunha moción en pleno o arranxo do pavimento e o repaso da pintura da estrada de Vilela
A coordinador de promoción local do PP de Ribadeo asegura que “non é ningunha sorpresa que este goberno do BNG fai todo con moita presa. É normal que cando se deixa todo para o último momento non da tempo a facer as cousas de forma axeitada. O último foi a de pintar a estrada de Vilela ás dez da noite”.
Neste sentido, Saiz subliñou que o grupo municipal popular levou a pleno unha moción onde se reivindicaba en favor dos veciños de Ribadeo que se pintara a estrada de Vilela de novo ante o desgaste das liñas de separación de carrís e co arcén. “Pero e que nesa mesma moción reivindicábamos no punto anterior que se fixera un arranxo do pavimentado xa que está en mal estado, pero parece ser que se lles pasou leélo ou non souberon interpretalo”, di a coordinadora de promoción local.
Outro dos aspectos nos que o grupo municipal nota este nerviosismo é na colocación de vallas e andamios por todo Ribadeo. “Todos os veciños sabemos que vai quedar precisamente niso, en vallas e estados colocados porque si tiveran intención de facelo, xa o terían feito. Tempo tiveron”, resalta Saiz.