O programa electoral do PP laurentino recolle, entre outras propostas, habilitar unha parte do mosteiro como residencia de maiores
O candidato do PP á alcaldía, Roberto Díaz, defende “propostas en beneficio de Lourenzá e os laurentinos”; pero sempre dende “o sentidiño”. Polo tanto, sinala que “a nosa proposta recolle a recuperación por fases que permita aproveitar este emblemático espazo para diversos usos -culturais, sociais, etc.-, a través de iniciativa tanto pública coma privada. E sempre dende o diálogo e o consenso coas partes implicadas”, expón.
Un exemplo concreto, segundo propoñen os populares, é o de “dedicar unha parte -debidamente habilitada- a residencia de maiores” e así llo trasladaron á conselleira de Política social, Fabiola García.
Este e outros aspectos que recolle o programa electoral do PP de Lourenzá foron presentados a Alfonso Rueda, que trasladou o apoio do PPdeG ao candidato e ao seu equipo.
PATRIMONIO HISTÓRICO
O Partido Popular de Lourenzá defende a rehabilitación e recuperación do patrimonio histórico co que conta o municipio “porque é parte da nosa identidade e, ao mesmo tempo, o seu aproveitamento contribúe a dinamizar o noso territorio”.