Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz consegue unha axuda da Xunta de case 15.000 euros para mellorar a accesibilidade do cemiterio parroquial

O alcaldable popular, Javier Castiñeira, sinala que “unha vez máis, o PP demostrou estar ao servizo do pobo de Foz”

Foz, 23 de maio de 2023. As xestións efectuadas polo PP de Foz deron como resultado que a Xunta, por medio da súa Delegación en Lugo, aporte os case 15.000 euros que necesita a directiva do cemiterio parroquial para solucionar o déficit de accesibilidade ao camposanto.

O portavoz e candidato á alcaldía polo PP, Javier Castiñeira, sinalou: “Unha vez máis, o PP demostrou estar ao servizo do pobo de Foz. Fixémolo no goberno, nos oito anos nos que nos tocou gobernar, e fixémolo tamén na oposición. No día de hoxe volvemos demostralo. A petición da directiva do cemiterio parroquial de Foz, que necesitaba o financiamento dunhas obras importantes, de accesibilidade, mediamos para que foran financiadas por parte da Xunta de Galicia. En días pasados confirmóusenos o totalmente financiamento dese proxecto por parte da delegación da Xunta de Galicia en Lugo, segundo nos informou o delegado, Javier Arias”.

Castiñeira di: “Estamos contentos de ter feito o mesmo que fixemos durante todo este mandato, que é intentar, dende a nosa posición, traer investimentos para Foz, a veces, potentes, grandes, como o da depuradora ou os correspondentes aos arranxos dos colexios. Neste caso estamos a falar dun investimento de case 15.000 euros, que é importante porque afecta á vila de Foz, ao seu cemiterio, e que veñen moi ben para arranxar algo tan básico como é a accesibilidade”.

Exit mobile version