Castiñeira lembra que “o goberno municipal do PP en Foz xa ten denunciado o seu mal estado” e di que “o tramo da LU-P-0210 ao seu paso por Foz leva moitos anos discriminado polo goberno da Deputación só por ser de Foz”
Varios usuarios habituais desta vía de titularidade provincial “rebentaron as rodas” nos furados que presenta o pavimento. É por iso polo que tanto o PP de Foz coma o de Alfoz reclaman ao goberno da Deputación “unha actuación urxente” que garanta a seguridade dos usuarios e que evite ese tipo de prexuízos.
O candidato á alcaldía de Foz e voceiro do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, lembra que “o goberno municipal do PP en Foz xa ten denunciado o seu mal estado” e di que “o tramo da LU-P-0210 ao seu paso por Foz leva moitos anos discriminado polo goberno da Deputación só por ser de Foz”.
O candidato popular á alcaldía de Alfoz, Juanjo Fraga, reivindica o arranxo inmediato da estrada para evitar problemas aos veciños e lamenta o “mal xesto” do alcalde socialista porque “se mofou dos concelleiros cando abordaron este asunto no pleno onde lles respondeu dicindo que chegaban tarde porque xa se estaba solucionando, pero todos podemos ver que a estrada segue igual”.