Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén recorta distancia co segundo posto tras ganar en Murcia

Na loita polo factor cancha para afrontar o Play-off, as Guerreiras achéganse ao Poio que empata ante o Melilla e contra o que se xogarán ese ansiado privilexio no último encontro da liga regular

Burela, 13 de maio, 2023. Ás 18.00 horas no Pavillón Fausto Vicent de Alcantarilla disputábase o encontro da xornada 28 de Primeira Federación Feminina de Futsal, LBTL Futsal Alcantarilla – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 2-4 para as Guerreiras Laranxas. Un encontro moi igualado, con ocasións por parte dos dous equipos, moitas ocasións erradas das burelás. As murcianas fixeron fronte ás campioas da Copa da Raíña con moita coraxe e facéndolles sufrir durante a primeira e a segunda parte, aínda que con maior dominio do Burela en xeral.

O partido comeza bastante igualado, dúas ocasións de Irene Samper, unha no minuto 4 que desvía a porteira e posteriormente outra tras un pase de Dany que tamén detén Ana Romero. No minuto 10 o Alcantarilla ponse por diante cun gol de Carla Ayensa, de rexeite tras un pase de Marta do Risco. Pero a pouco lles soubo xa que na seguinte xogada Irene Samper empata cun disparo frontal tras un pase de Peque. Tras varias ocasións entre elas unha moi clara de Antía que vai ao pau tras un pase de Peque, chega o descanso con 1-1 no marcador.

Na segunda parte comeza Dany poñendo por diante ao seu equipo con outro disparo frontal tras un pase de Peque. Pero no minuto 25, de novo Carla Ayensa, que destacou durante todo o encontro con dous goles e varias oportunidades, volve igualar o partido cun gol tras un xogadón e un remate que a porteira Jozi Oliveira, que xogou durante a segunda parte, non puido deter. Tras unha oportunidade de Antía no minuto 28 que se atopa coa portería baleira tras unha contra pero tira fóra, chega o gol de Peque nun contraataque e tras un pase de Patricia, que pouco despois lanza un disparo que ben puido entrar na portería de non ser por Irene Franco, que fai un paradón e desvíaa a corner. Nun minuto 37 con moita intensidade, comeza con tarxeta vermella a Marta dos Riscos que precede a unha oportunidade de Irene Samper cun tiro desde o segundo pau despois dun corner e outra de Antía que vai fóra. No minuto 39 chega o cuarto gol do Burela que afasta ás murcianas de optar pola posibilidade do empate no úlitmo minuto. Patricia vence á porteira cun disparo tras un pase de Irene Samper. A segundos de rematar o encontro aínda Antía e Peque insisten con dúas oportunidades máis.

Como nos teñen acostumbradxs, loitando ata o final, se levaron o partido as Raíñas Laranxas nunha pista complicada e ante un LBTL Fustal Alcantarilla forte e peleón, de igual modo, do principio ao final do partido. Julio Delgado móstrase orgulloso do equipo “o Alcantarilla é un equipo que presiona moi ben en primeira liña e custábanos saír de aí, ademais fallamos moitísimas oportunidades moi claras. Pero ben, controlamos o partido, sempre dentro e moi boa motivación do xogadoras pero non demos coa porteria e ao final sufriuse, pero estivo ben”. Sobre a recta final ata o Play-off, “a gañar o próximo na casa e logo o último contra o Poio a xogarse o factor cancha a ver se podemos logralo, é o máis importante”.

Ficha Técnica LBTL Futsal Alcantarilla – Pescados Rubén Burela FS

LBTL Futsal Alcantarilla: Ana Romero (P), Blanca Ibáñez, Miriam Zamora, Marta de los Riscos, Melli – cinco inicial -, Ana Belén (C), Bet, Carla Ayensa, Andrea, Tere, Pao, Iraia Romero, Irene Franco (P)

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Jenny, Irene Samper – cinco inicial- Saki, Antía Pérez, Dasha, Patricia, Jozi Oliveira (P).

Goles: Min.10 Carla Ayensa 1-0; min.10 Irene Samper 1-1; min.21 Dany 1-2; min.25 Carla Ayensa 2-2; min.29 Peque 2-3; min.39 Patricia 2-4.

Equipo Arbitral: Javier Andreo Martínez, Alberto Miñano Martínez, José Antonio González Hernández.

TA: min. 10 Blanca Ibáñez, min.25 Patricia, min.33 Jenny.

TR: min.36 Marta de los Riscos.

Exit mobile version