A mostra é unha escolma das máis de 600 pezas que se expuxeron o pasado mes de setembro no XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade. A organización deste evento organiza cada ano unha exposición que leva por diferentes espazos culturais de Galiza. A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro asistiu á inauguración da mostra que poderá verse na última planta do Museo de Lugo ata o vindeiro 15 de xuño.