A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, que se reuniu coa veciñanza das Pallaregas, asegura que “estas obras que mal organizou o grupo de goberno do PSOE foron divididas en varias obras e partidas presupostarias, reflexo da improvisación, e continúan olvidándose dos veciños da estrada de abaixo, cun altísimo número de vivendas que están inxustamente mal comunicadas.”
O BNG cunha soa concelleira e na oposición, pois non estivo no goberno nin ten poder de decisión nas partidas presupostarias, fixo todo o posible e meteu presión para que amañasen a totalidade das estradas das Pallaregas, incluído o vial que conecta as Pallaregas con Vieiro, levándoo a pleno en numerosas ocasións.
Míriam Bermúdez, vendo o malestar xerado na veciñanza e a confusión, aproveita a ocasión para exixirlle a Maria Loureiro honradez e que deixe de dividir á veciñanza das Pallaregas, pois da súa falta de planificación e deixadez non teñen a culpa nin os veciños, nin o partidos políticos da oposición, e menos cando o BNG xa demandou en multitude de ocasións que se planificasen os mantementos das estradas cun riguroso Plan que redactamos e propuxemos no pleno.
A concelleira do Bloque, Míriam Bermúdez, remata dicindo que “non é normal que o mantemento de estradas en Viveiro só funcione baixo demanda veciñal. Viveiro necesita proxectos, necesita planificación. O feito de que o pasado acto do BNG estivese a rebosar de xente e non puidesen entrar todos os asistentes, é un claro indicador de que fixemos as cousas ben, de que temos proxectos prometedores como o noso Plan de Mantemento de Estradas Municipal.”