Viveiro, 7 de maio, 2023. O goberno de Maria Loureiro continúa divindo á veciñanza con tal de non acometer as obras de mellora na totalidade das estradas das Pallaregas, en especial na estrada de abaixo, que presenta un dos peores estados posibles que se poden dar nunha estrada.
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, que se reuniu coa veciñanza das Pallaregas, asegura que “estas obras que mal organizou o grupo de goberno do PSOE foron divididas en varias obras e partidas presupostarias, reflexo da improvisación, e continúan olvidándose dos veciños da estrada de abaixo, cun altísimo número de vivendas que están inxustamente mal comunicadas.”
O BNG cunha soa concelleira e na oposición, pois non estivo no goberno nin ten poder de decisión nas partidas presupostarias, fixo todo o posible e meteu presión para que amañasen a totalidade das estradas das Pallaregas, incluído o vial que conecta as Pallaregas con Vieiro, levándoo a pleno en numerosas ocasións.
Míriam Bermúdez, vendo o malestar xerado na veciñanza e a confusión, aproveita a ocasión para exixirlle a Maria Loureiro honradez e que deixe de dividir á veciñanza das Pallaregas, pois da súa falta de planificación e deixadez non teñen a culpa nin os veciños, nin o partidos políticos da oposición, e menos cando o BNG xa demandou en multitude de ocasións que se planificasen os mantementos das estradas cun riguroso Plan que redactamos e propuxemos no pleno.
A concelleira do Bloque, Míriam Bermúdez, remata dicindo que “non é normal que o mantemento de estradas en Viveiro só funcione baixo demanda veciñal. Viveiro necesita proxectos, necesita planificación. O feito de que o pasado acto do BNG estivese a rebosar de xente e non puidesen entrar todos os asistentes, é un claro indicador de que fixemos as cousas ben, de que temos proxectos prometedores como o noso Plan de Mantemento de Estradas Municipal.”