Viveiro, 8 de maio, 2023. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal estará presente na XIX edición da Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar 2023, que se celebrará entre o 10 e o13 de mayo de 2023( de mércores a sábado), un dos referentes do mundo da pesca en toda a cornisa cantábrica e norte de Portugal.
No seu stand poderán recibir a información relativa ao novo programa de fondos FEMPA (2021-2027) e a súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, así como os criterios de valoración para poder optar ás axudas dispoñibles.
Tamén poderán visitar a exposición “A Mariña Sumerxida” con fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández, patrocinada polo GALP A Mariña Ortegal, que se poderá visitar dentro do denominado “Espacio Abanca”, que acolle tamén o punto de encontro de profesionais e a zona de restauración.