Site icon Crónica3.com A Mariña

O Dúo Veiga-Reynoso, formado polo clarinetista vilalbés afincado en Ribadeo Dani Veiga e o pianista arxentino afincado en Pamplona Joel Reynoso, ofrecerá o seu espectáculo “Ánimas” este mércores 17 de maio, ás 20:00, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo

Interpretarán, entre outras composicións, a peza homónima “Ánimas”, da compositora ribadense Carme Rodríguez, que terá unha participación moi especial neste concerto cun coloquio no que falará da súa obra e do seu traballo como compositora. O concerto  terá un custo de 5€ para o público xeral e de 3€ para persoas desempregadas, xubiladas ou estudantes, é forma parte da axenda cultural do Concello de Ribadeo e das “Sobremesas Culturais” do evento gastronómico “Ribadeo de Tapeo”.

Exit mobile version