Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado do Goberno en Galicia,José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores en Lourenzá nos actos conmotivo do Día das Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega dedica ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino Francisco Fernández del Riego

Acompañado da alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; da subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez; do presidente da RAG, Víctor Fernández; do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e do presidente da Deputación, José Tomé; así como doutras autoridades e familiares do homenaxeado, o delegado destacou a figura de Fernández del Riego, “fiel defensor da cultura e a lingua galega”, e salientou a necesidade “de traballar a favor da promoción da nosa lingua en todos os ámbitos e espazos posibles”.

Exit mobile version