Acompañado da alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; da subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez; do presidente da RAG, Víctor Fernández; do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e do presidente da Deputación, José Tomé; así como doutras autoridades e familiares do homenaxeado, o delegado destacou a figura de Fernández del Riego, “fiel defensor da cultura e a lingua galega”, e salientou a necesidade “de traballar a favor da promoción da nosa lingua en todos os ámbitos e espazos posibles”.