Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, destacou este domingo en Castro de Rei o papel das mulleres na vertebración territorial e social do medio rural, sendo un exemplo de emprendemento e innovación para xerar e manter emprego en zonas despoboadas

Fíxoo durante a celebración do vinte aniversario da Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, na que tamén participou a subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, e que tivo lugar na parroquia da Ponte de Outeiro. Durante a xornada, o delegado puxo en valor o gran movemento do asociacionismo nas mulleres, tal e como quedou demostrado coa participación de un centenar de mulleres na cita.

Exit mobile version