Fíxoo durante a celebración do vinte aniversario da Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza, na que tamén participou a subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez, e que tivo lugar na parroquia da Ponte de Outeiro. Durante a xornada, o delegado puxo en valor o gran movemento do asociacionismo nas mulleres, tal e como quedou demostrado coa participación de un centenar de mulleres na cita.