Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro Román Rodríguez avalou os proxectos de Javier Castiñeira, que anunciou que, se goberna, os próximos catro anos serán “os da mellora dos servizos municipais en Foz”

O proxecto do alcaldable do PP inclúe a mellora das dúas entradas a Foz e do eixo turístico entre o porto e A Rapadoira

Foz, 25 de maio de 2023. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, arroupou esta tarde ao candidato do PP á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, no mitin que se desenvolveu no hotel Leyton, no que tamén interveu u coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro.

O candidato popular á alcaldía manifestou na súa intervención, que estivo precedida precedida da de Mercedes Rodríguez (número dous da lista popular), que a próxima lexislatura ten que ser a da mellora dos servizos municipais, especialmente dos que teñen que ver co adecentamento urbano, para o que hai que incrementar os recursos.

O alcaldable popular incidiu en que o esforzo, na liña sinalada, ten que centrarse moi especialmente na limpeza e na recollida do lixo.

Castiñeira adiantou que, se goberna, o Concello deseñará e aplicará un plan contra o feísmo, especialmente na zona urbana. O proxecto do alcaldable popular inclúe a mellora das dúas entradas a Foz e do eixo turístico entre o porto e A Rapadoira.

En canto a infraestruturas culturais, o candidato popular lembrou o compromiso adquirido no seu momento por Núñez Feijóo, entón presidente da Xunta de Galicia, para participar na financiación, xunto coa Deputación e o Concello, dun auditorio para Foz.

En materia de política social, a proposta popular ten tres piares. Por un lado, a ampliación do número de prazas na residencia da terceira idade, de gardería e de axuda no fogar. Por outra parte, a posta en valor do antigo Asilo. E tamén a mellora das condicións para facilitar a conciliación, ademais de impulsar a execución das obras necesarias no colexio de Fondo Nois.

INVESTIMENTOS

A consellería da que é titular Román Rodríguez levou a cabo nos últimos anos cuantiosos investimentos para a mellora dos centros escolares no municipio. Así, no período 2009-2023, a Consellería investiu case 2,7M€ no mantemento e mellora dos 4 centros cos que conta o concello: CEIPs Foz número 1, O Cantel e Fondo Nois; IES de Foz. Entre as actuacións xa rematadas destaca no 2019 a reforma integral do CEIP Foz número 1, por 830.808€. Está en marcha a rehabilitación integral do IES de Foz, por 1.235.861€; está executada ao 55% e o remate das obras está previsto para finais agosto (para o inicio do curso 2023/2024).

No que se refire a área de Cultura, Patrimonio e Política Lingüística, destaca o apoio ao festival Bal y Gay, de música clásica, que se vén celebrando anualmente coa colaboración da Consellería (a través da AGADIC), para o que aportou 30.000€ no 2022. Son de lembrar as obras de adecuación e o proxecto museográfico do Centro de Interpretación da Casa reitoral San Martiño de Mondoñedo, 235.410€ (2018) e o acondicionamento e posta en valor do Castro de Fazouro, por 17.723 euros (2017).

Pola súa parte, o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou na súa intervención que os veciños de Foz teñen a oportunidade de comprobar as moitas obras e servizos que deixou o goberno popular e como practicamente non deixou nada o goberno socialista no mandato que termina.

Balseiro lembrou entre outras obras levadas a cabo durante o goberno do PP en Foz a residencia, dúas rúas peonís, a remodelación do pavillón e a reorganización do porto, entre outros moitos logros.

Exit mobile version