Site icon Crónica3.com A Mariña

O conselleiro de Sanidade garante a ampliación do centro de saúde de Foz ao candidato popular, Javier Castiñeira, que se goberna, comprométese a facilitar sen demora os terreos necesarios

O conselleiro Julio García Comesaña lembrou que o proxecto de reforma e ampliación do centro figura no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria

Foz, 22 de maio de 2023. O candidato á alcaldía de Foz, Javier Castiñeira, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, estudaron hoxe distintos aspectos da situación da sanidade pública neste concello e na Mariña. O departamento autonómico do que é responsable Comesaña ten proxectada unha ampliación do centro de saúde de Foz. Castiñeira sinala: “Se gobernamos, esa ampliación farase durante o próximo mandato municipal”. Para elo, o alcaldable popular comprométese “a facer o que foi incapaz de facer o goberno local saínte, que é a adquisición dos terreos contiguos ao centro de saúde para poñelos a disposición do Sergas”.

Castiñeira aludiu ás falsidades difundidas pola esquerda durante anos con respecto aos plans do PP sobre a sanidade pública e, en concreto, no que se refire a comarca da Mariña. “Dicían que iamos pechar o Hospital da Costa, e estase a ampliar, e así con tantas e tantas cousas. Nós, dende o PP de Foz, traballamos dende o goberno local, no seu momento, e dende a oposición para a impulsar a mellora e modernización do hospital”.

O alcaldable popular tamén lembrou que o partido do actual alcalde votou en contra da lexislación que está a permitir cubrir prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos tanto no centro de saúde de Foz como no Hospital da Mariña.

Pola súa parte, o conselleiro García Comesaña lembrou que no Plan de Infraestruturas Sanitaria en Atención Primaria figura a reforma e ampliación do centro de Saúde de Foz. Por u lado, para ubicar unha base do 061, cuxo plan de espazos inclúe zona de dormitorios, sala de estar, dous despachos, sala de reunións, dous aseos, dous vestiarios de persoal, almacén de material funxible, almacén de farmacia e garaxe para ambulancia.

Igualmente, no proxecto de reforma e ampliación inclúese unha área nova de pediatría, para dedicar o espazo actual para triaxe de pacientes respiratorios e sala de urxencias. A nova edificación tamén disporá de espazos para un grupo electróxeno, centralización de osíxeno, almacén de residuos, almacén xeral de material sanitario e un despacho para o coordinador do centro.

A parcela na que está ubicado o edificio ten esgotada a edificabilidade, polo que é necesario que o Sergas teña a súa disposición o solar colindante.

Exit mobile version